2/4/08

Probando, probando...

Os días 3 e 4 de abril, celébranse os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares, 07/08. Reúnense responsables ou membros dos equipos de biblioteca dos centros integrados nesta rede. Vaise facer unha proba de restransmisión en directo dalgunha das conferencias.
Se todo vai ben, poderase seguir en directo aos seguintes relatores que accederon a formar parte deste "experimento":
- Xoves, 3, ás 16,00h: Manuel Bragado, que falará de "A lectura en galego no marco da nova literacidade: o caso dos blogs".
- Venres, 4, ás 16,15 h.: Laura Borràs Castanyer, que falará de "Fomento da lectura en contornos dixitais".

Agardamos que todo vaia ben. En calquera caso, estes e outros documentos estarán posteriormente dispoñibles a través deste medio e da páxina de Bibliotecas Escolares
.


2 comentarios:

Mari Carmen dijo...

Dende o Colexio de Malpica
!Animo para os/as participantes dos Encontros das Bibliotecas!
Seguro que ese experimento da retransmisión vai ser un éxito.
Saúdos
Mari Carmen

Juan (TADEGa) dijo...

Ánimo dende TADEGa.net