14/5/12

Unha lección de vida no IES O Mosteirón, de Sada

O blogue A ESPERELA, da Biblioteca escolar do IES O Mosteirón (Sada, A Coruña) recolle a crónica dunha experiencia educativa en toda regra, da que participaron os alumnos e alumnas de 3º e 4ª de ESO e 1º de BAC: a visita de Martín Varela Dourado, deportista, especialista en ténis en cadeira de rodas. Non hai máis que ler esta crónica, ver o vídeo e sobre todo, LER OS COMENTARIOS dos mozos e das mozas que asistiron á charla de Martín, para entender o alcance desta actividade. Parabéns ao profesorado que o fixo posible!!!

Unha mostra máis do que está pasando en institutos públicos de Galicia, contra vento e marea... ensino público de calidade!

2 comentarios:

A_Esperela dijo...

A actividade foi un éxito, Martín é excepcional!
Grazas pola difusión!

A_Esperela dijo...

Enviámosvos tamén este vídeo que fixeron os alumnos de 2* de bacharelato na súa despedida de curso. É un agasallo para os profesores co que estamos moi emocionados...
http://biblioaesperela.blogspot.com.es/2012/05/grazas.html