30/1/14

Paz e poesía...

Paz, poesía e moita creatividade no IES de Poio (Poio, Pontevedra). Velaquí os traballos do alumnado de 4º da ESO para o Día da Paz e a Non Violencia:

 

Encontros de BD na Mariña

Xa van polos VI Encontros de Banda Deseñada ña Mariña, organizados polo IES O Perdouro de Burela. Case un clásico, porque se o importante é poñer en marcha inicitivas... o imprescindible é mantelas, facer que duren, que se convertan en rutina, de maneira que se aproveite a dinámica creada. Niso están!
Forma parte das Xornadas a convocatoria do Concurso de banda deseñada con dúas modalidades (unha dirixida a rapaces e rapazas ata 14 anos e outra na que se recollen os traballos elaborados polos xoves de 15 a 18 anos).A convocatoria acaba de facerse pública.
Obradoiros, exposicións, proxección de curtas, encontros con autores de cómic,... son algunha das actividades ás que se pode asistir, como pode observarse no blogue dos Encontros.

29/1/14

A biblioteca busca lectores con PAZ-CIENCIA

Unha vez máis a Escola de Educación Infantil Barrionovo (Arteixo, A Coruña), sorprende cun xogo de palabras espléndido e acertado. A biblioteca integra as actividades relacionadas co Día Escolar da Paz e a Non Violencia nunha campaña iniciada a comezos do curso, aproveitando o cartel e o lema das bibliotecas escolares deste curso 2013/2014: Ler ciencia na biblioteca escolar. Parabéns!!

Día da Ilustración en Galicia 2014, da man de Miguelanxo Prado

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incluíu por primeira vez, no calendario da lectura de 2014, a celebración do Día da Ilustración en Galicia, coincidindo coa data de nacemento de Castelao, e celebrando así unha das facetas desta importante figura da historia e da cultura galega. E a estrea é de luxo pois vén acompañada dun cartel deseñado por Miguelanxo Prado, un dos máximos representantes do mundo da ilustración galega. Este cartel serve para publicitar unha programación específica sobre o mundo da ilustración nas bibliotecas nodais de Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo) así como a Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura de Compostela.

27/1/14

Lectura crítica e competencias mediáticas

 
Excelente mesa en relación coa lectura crítica e as competencias mediáticas ou de uso e produción de información nos medios de comunicación (un dos obxectivos da ALFIN, ou da máis completa Alfabetización mediática e informacional). Estas intervencións teñen lugar no I Congreso Comunicación e Educación, organizado pola Universidad Autónoma de Barcelona en maio de 2011. Interveñen varios conocidos das bibliotecas escolares galegas: Pilar Pérez Esteve, Fabio Tropea e Josep Manuel Pérez Tornero, entre outros. Recomendamos vivamente as intervencións de Pilar e de Pérez Tornero, directamente relacionadas coa lectura que precisamos ensinar ao noso alumnado nestes momentos.

24/1/14

ANIMACIÓNS DE LIBRO

Se eu fose un libro...
Baixo este comezo de texto hai un mundo de posibilidades. Xogar con e,l para que cadaquén vaia dando unha resposta, non sería mala cousa, pero alguén o fixo por nós e cunha calidade digna de difusión.
A animación de Very2much seguindo un texto orixinal de José Jorge Letria e ilustracións de André Letría.
Vexámolo!

8/1/14

Sobre libros e lectura en 2014. Os expertos opinan...

A páxina Lectura Lab, da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, publica unha entrada en relación coas predicións que algúns expertos do mundo do libro, a edición, a librería, a lectura... realizan para este ano 2014. Interésanos especialmente o comentario de Gabriela Adamo, Directora da Feira do Libro de Bos Aires, quen asegura: 

"Lo más difícil de prever –en su opinión– es cuáles serán los cambios que las nuevas modalidades de lectura (en línea, salteadas, en paralelo con varios otros textos y actividades, sin el contexto “contenedor” del libro a la vieja usanza) generarán en el cerebro humano, algo que las neurociencias recién están comenzando a investigar".
Adamo también cree que en ese aspecto "está el mayor desafío de todos los que trabajamos en torno a la promoción de la lectura: más allá de los cambios en la industria y en el negocio, lo más importante es que sigamos cuidando, estimulando y transmitiendo el valor de la lectura como la gran puerta de acceso a un mundo con más sabiduría, imaginación, tolerancia y riqueza para todos".