29/12/15

Calendario do libro e da lectura 2016

Desde a Subdirección Xeral de Bibliotecas, da Secretaría Xeral de Cultura (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), edtítase un cartel co Calendario do Libro e da Lectura para o ano 2016, no que se lembran algunhas das datas máis relevantes neste ámbito para o ano que comeza. A delicadísima ilustración é de Tania Solla.

15/12/15

Guías de lectura para o Nadal - 2015

Chegan as vacacións de Nadal e as Bibliotecas Escolares Galegas teñen preparadas as súas guías de lectura, as súas recomendacións de libros, música, cine... para que as familias non teñan dúbidas á hora de pensar nos agasallos propios destas festas. Os lectores, as lectoras, teñen tamén á súa disposición un bo feixe de títulos entre os que escoller lecturas para estes "tempos fríos". 
 
Estas seleccións, feitas con coidado, coñecemento e dedicación, son unha contribución do profesorado dos equipos de biblioteca á formación lectora dos distintos membros da comunidade educativa e un recurso valioso para calquera persoa mediadora en materia de lectura. 

7/10/15

Falar da morte a través dos libros


A partir da solicitude de recursos para falar da morte aos nenos e nenas do CEIP Nicolás del Río, o profesorado das bibliotecas escolares (CEIP Milladoiro, CEIP de Leirado, CEIP Fernández Latorre, CEIP do Rocío, CEIP Os Casais e CPI San Vicente) achegou unha serie de títulos que recollemos e acrecentamos no seguinte listado (ordenado por orde alfabética de autor/a). É unha lista aberta a novas incorporacións.



PRIMEIROS LECTORES (0-8 ANOS)


O último canto. Albo, Pablo / Díez, Miguel Ángel. OQO, 2009.
O boneco. Alzéal, Michel .Faktoría K, 2008.
El ángel del abuelo . Bauer, Jutta. Lóguez , 2007.
Más allá del gran río. Beuscher, Armin/ Haas, Cornelia.Editorial Juventud, 2004.
¿Qué viene después de mil? Bley, Anette.Takatuka, 2009
Como todo lo que nace. Brami, Elisabeth/ Schamp, Tom. Kókinos, 2000.
Un poema en la barriga.Canal, Eulália/Wensel, Ulises.Oxford University Press, 2011
A miña amiga invisible. Canals, Mireia / Aguilar, Sandra. Baía Edicións, 2014.
O estanque dos parrulos pobres. Casalderrey, Fina . Edebé-Rodeira, 2000.
Aún te quedan ratones por cazar. Catalán, Laura / Álvarez, Blanca. Anaya, 2012
Estirar la pata o cómo envejecemos.Cole, Babette. Destino. 1996
¿Dónde está el abuelo? Cortina Selva, Mar. Editorial Tandem, 2005.
La estrella de Lea. Dubois, Claude K / Gilson, Patrick. SM D.L. 2008
Julia tiene una estrella.Eduard José / Valentí Gubianas.. Editorial La Galera, 2006.
Amora. Garabana, Anxos / Villán, Óscar. Kalandraka . 2003.
A avoa e mais eu. Graber, Nell / Nagel & Kimche / Bröger, Achim. Galaxia,1990.
Una casa para el abuelo. Grassa Toro/ Ferrer, Isidro .Libros del Zorro Rojo. Barcelona, 2014.
¿Dónde está güelita Queta? .Gutiérrez, Nahir / Omist, Álex .Editorial Destino, 2010.
Yo siempre te querré.Hans, Wilhelm. Editorial Juventud, 1989.
El señor Muerte en una avellana. Hess, Paul / Maddern, Eric. Blume, 2007.
Tico y Manuela. Iglesias, Beatriz / Olariaga, Javier. Sieteleguas D.L. 2007
El corazón y la botella. Jeffers, Oliver . Editorial Fondo de Cultura Económica, 2010.
Gajos de naranja. Legendre, Françoise/ Fortier, Natali. Editorial Tandem, 2005.
Para onde imos cando desaparecemos?Minhós, Isabel/Matoso, Madalena. Xerais, 2016.
¿Quién come a quién? Mizielinska, Aleksandra. Libros del Zorro Rojo, 2014
A avoa Encarna fai niño. Neira Cruz, Xosé Antón.
Everest, 2009.
Mi miel, mi dulzura .Nouhen, Élodie / Piquemal, Michel. Edelvives ,2011.
D de despedida. Onyefulu, Ifeoma. Intermón Oxfam, 2001.
María no se olvidará. Peris, Carme / Rius, Roser. SM ,2005.
Así era mi abuelito Prats, Joan de Deu/ Roldán,Gustavo. Parramon Parenting, 2005.
Non é fácil, pequeno esquío. Ramón, Elisa /Osuna, Rosa. Kalandraka,2004.
A avoa do nobelo branco . Sabaite, Kristina / López-Barxas, Paco.Baía edicións .2009
Claudia e o touro. Sanz, Ignacio / Fortes Torres, Antom / Cabassa, Mariona.Kalandraka, 2003.
¿Cómo es posible? Schössow, Peter. Lóguez, 2006.
Cuando la muerte vino a nuestra casa. Schubiger, Jürg/ Rotraut Susanne Berner. Lóguez, 2013
El árbol de los recuerdos .Teckentrup, Britta. Nube Ocho e Pepa Montano editora, 2015.
Mi padre. Toon Tellegen / Rotraut Susanne Berner.Editorial Siruela, 1995.
O meu avó Carmelo. Torrent, Dani. Kalandraka, 2011.
Regaliz. Van Ommen, Sylvia. Kókinos, 2005.
A Folla seca. Vázquez Pintor, Xosé / Sánchez Lires, María. Sotelo Blanco, 2002.
Sapo y la canción del mirlo. Velthuijs, Max . Ekaré, 2012.
A caricia da bolboreta. Voltz, Christian.Kalandraka, 2008.


LECTORES AUTÓNOMOS (9-11 ANOS)


Inés azul. Albo, Pablo / Auladell, Pablo. Editorial Thule, 2009.
O corazón do xastre. Arnal, Txabi/Varela, Cecilia.Editorial OQO, 2009.
Caixa de cartón.Arnal, Txabi/ Amekan, Hassan.Editorial OQO 2010.
Jack e a morte. Bowley, Tim / Pudalov Natalie.Editorial OQO, 2012.
Tras la pista del abuelo. Gómez Cerdá, Alfredo /Michelena, Jokin. Alfaguara infantil y Juvenil, 2006.
Mi abuelo era un cerezo. Nanetti, Angela / Argul, Javier.Editorial SM, 2001.
Mimi. Newman, John.Editorial Siruela, 2013.
¿Sabes silbar, Joahanna? Stark, Ulf. Editorial SM , 2004.
El cielo de Anna. Stian Hole. Editorial Kókinos, 2013.


LECTORES EXPERTOS(12-14 ANOS)


En el corazón del bosque.Boyne, John. Editorial Salamandra, 2012.
Escarlatina, a cociñeira defunta. Costas, Ledicia. Xerais, 2014.
El otro lado de la vida. Dumas,Philippe . Editorial Aliorna, 1987.
El pato y la muerte.Erlbruch, Wolf. Barbara Fiore Editora, 2010.


XUVENIL(+ DE 15 ANOS)


Mi hermana que vive sobre la repisa de la chimenea.Pitcher, Annabel. Editorial Punto de lectura, 2011.
Ás veces quero morrer coa risa. Schlieper, Birgits. Galaxia, 2013.


MEDIADORES


Enséñame a decir adiós. Vicente Colomina, Aida de . Grupo Gesfomedia, 2009

ENLACES DE INTERESE

9/6/15

Agustín Fernández Paz e a mediación en materia de lectura.


Un breve pero intenso discurso de Agustín Fernández Paz en resposta á entrega do Premio dos clubs de lectura 2015, que lle foi concedido por ser o autor galego máis lido polos clubs de lectura o pasado curso 2013/204, e que se entregou na pasada VIII Xornada dos Clubs de Lectura. O escritor revisa cuestións fundamentais do labor dos mediadores en materia de fomento da lectura, especificamente, do traballo do profesorado que mantén clubs de lectura en centros de ensino secundario espallados por todo o páis. 

Lembremos que contan con club de lectura (que maioritariamente integran varios grupos de lectura) 238 centros de ensino secundario de Galicia e que as lectoras e os lectores que participan destes "círculos de interese" se reúnen fóra do horario lectivo (en recreos e tempos non lectivos). Os clubs de lectura constitúe unha das experiencias máis interesantes, vinculadas ás bibliotecas escolares, e integradas nas propostas para o fomento da lectura que os centros deseñan nos seus Proxectos lectores de centro desde o ano 2007. Esta iniciativa está integrada, á súa  vez, no programa HORA DE LER para o fomento da lectura no contexto escolar, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 

11/5/15

O refraneiro de Cervo a Viveiro

Desde o CEIP de Cervo informánnos que esta semana teremos en Viveiro a exposición de traballos dos centros da Microrrede de BE de A Mariña.

O tema deste curso foron os refráns. As familias elixiron un refrán e fixeron un traballo plástico sobre el. Estiveron expostos  nos centros e agora toca mostralos todos xuntos en Viveiro.

A inauguración da exposición será o martes e durante toda a semana haberá diversas actuacións dos colexios e institutos participantes. Estará aberta dende o martes 12 ata o venres 15, en horario de seis a oito da tarde.

Un bo motivo para pasarse por Viveiro!

A continuación queda o enlace ao blog do CEIP de Cervo onde se poden ver este traballo sobre os refráns.

http://bibliocervo.blogspot.com.es/2015/05/o-refraneiro-de-cervo-viveiro.html


8/5/15

Curiconsellos lectores desde Ponte Caldelas



Desde o CEIP Manuel Cordo Boullosa, de Ponte Caldelas, chéganos este pequeno vídeo gravado polo alumnado colaborador da biblioteca escolar, con recomendacións lectoras de nenas e nenos do centro. A actividade da biblioteca con este pequeno vídeo vai máis aló e resulta unha práctica ben interesante de integración da cultura impresa e a cultura dixital. Así nolo explica o responsable desta biblioteca:  

No noso centro, de cara á semana do libro, propuxémoslles aos/ás colaboradores/as que gravaran ao alumnado que quixera participar, recomendando os libros que máis lles gustaron da nosa biblioteca. Subimos os vídeos ao blog da biblioteca e creamos uns códigos QR que pegamos nos libros recomendados, de xeito que cando alguén os leve a casa poida enlazar co vídeo dende un smartphone ou dende unha tablet.
Toda a información AQUÍ 

5/5/15

"Opino sobre o que leo"

"Opino sobre o que leo" é unha actividade que nos chega desde a biblioteca do IES Marqués de Sargadelos (Cervo, Lugo). En palabras do responsable da biblioteca: é o título dunha experiencia sinxela que empezou na aula. O alumnado de 1º de Bacharelato elaborou unha exposición escrita sobre a historia persoal de cadaquén como lectores; dende os primeiros libros infantís pasando ás lecturas máis avanzadas e chegando ás actuais. Tamén tiñan que exponer a súa perspectiva como lectores do futuro; se serán bos lectores, se lerán máis ou menos do que len agora e que lecturas, autores e libros están aí agardando por eles. Trala realización por escrito destes traballos na aula, a corrección dos mesmos polo profesor e a posta en común na aula chegou o momento de elaborar un coloquio na biblioteca por parte dun grupo de alumnos que voluntariamente aceptaron participar. Resumimos o coloquio nun vídeo sinxelo que se pode ver no blog da biblioteca. En realidade, o coloquio deu moito máis de si có que pode reflectir o vídeo. Foi unha experiencia enriquecedora que serviu para reflexionar sobre a evolución persoal como lectores, recordar e recuperar libros que xa espertan a nostalxia, serviu para practicar a expresión e creación escrita e desenvolver a linguaxe oral.

Agradecémoslle a estas rapazas, a este rapaz, que nos deixen asomarnos ao coloquio que mantiveron. Demostra, entre outras cousas, que cando os libros foron ben escolleitos, e lidos nun ambiente "amigable", deixan pouso. Tamén demostra que cando se ofrecen oportunidades para falar dos libros lidos, agroman sensacións, experiencias, sentimentos, que reforzan a autoimaxe como persoa lectora e o vínculo coa lectura. 

Unha vez máis, a práctica de "falar de libros"  amosa a súa efectividade. Parabéns!!!

23/4/15

Día Mundial do Libro 2015


Día do Libro 2015 from bibliototem on Vimeo.

Unha das moitas actividades organizadas desde as bibliotecas escolares dos centros públicos galegos por mor do Día Mundial do Libro 2015. Neste vídeo podemos ver a Viaxe ao centro dos libros, organizada no IES A Xunqueira II de Pontevedra. 

17/4/15

Un vídeo promocional... con moitas sorpresas


Desde o CEIP Nicolás del Río, de Cedeira, achégannos este vídeo promocional da IV Feira dos Libros, que andan a preparar. Interesante proposta na que colaboran as nenas e os nenos voluntarios na biblioteca e xentes de Cedeira. O vídeo garda moitas sorpresas e demostra que cando a escola sae á medio enriquécese e amplía as súas posibilidades. Parabéns!

16/4/15

Guía de lecturas sobre a Antártida. IES As Mariñas

No IES As Mariñas, de Betanzos, andan embarcados nun proxecto interdisciplinar sobre a Antártida. Ademais das exposicións (como a da imaxe) e as presentacións dos traballos que van realizando aos poucos os alumnos e alumnas, desde a biblioteca elaboraron esta guía de lectura: A ANTÁRTIDA, que pode resultar de interese para quen queira adentrarse nas expedicións históricas para "conquistar" este continente. A guía recolle libros e películas sobre expedicións a outros lugares do mundo, e sobre a vida nestes espazos singulares (e, segúndo os científicos, en grave perigo por mor do cambio climático e os conflictos por facerse coas materias primas), que son o Ártico e o Antártico.

Un xardín poético no CEIP Pepe de Xan Baña

Para celebrar o Día da Poesía, o 21 de marzo, no CEIP Pepe de Xan Baña (Santa Comba), crearon este Xardín Poético no que as nenas e os nenos dan voz aos poemas, nunha "intervención" festiva, luminosa e alegre. Lembran tamén que o nome do centro é nome de poeta.

25/3/15

Libros para comer

https://www.pinterest.com/colesteiro/libros-de-coci%C3%B1a-para-compartir-en-familia-bolsas-/ 
Desde a biblioteca do CEIP Esteiro (Ferrol) chéganos esta selección de libros de cociña, dispoñibles para o alumnado e que chegan ás famillias a través das súas particulares mochilas viaxeiras. 

23/3/15

Os "Contabiblio", lemos para ti!!


O alumnado voluntario do CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño, Pontevedra) ideou este anuncio publicitario para dar a coñecer unha das súas actividades. Estes "contabiblios" parece que teñen xa moito éxito no seu centro.
Fantástico ese lema que empregan: ESCOITAR TAMÉN É LER.
Parabéns e este grupiño de rapazas e rapaces, e ao profesorado que fomenta, co seu labor, este tipo de actitudes e competencias.

24/2/15

Falardlibros, nova actividade no IES Fontexería (Muros)

Darlle voz aos lectores e ás lectoras da comunidade educativa e facilitar que poidan compartir a súa experiencia lectora co alumnado  é unha fórmula interesante para contaxiar o gusto pola lectura. A biblioteca do IES Fontexería, de Muros, pon en marcha unha nova actividade, Falardlibros, a través da cal convida a persoas da comunidade educativa que por calquera razón se sinten vinculadas a un libro que lles resulta especial, para que comparta esa experiencia de lectura co alumnado do centro. O lugar: a biblioteca. O tempo: un recreo. Destinatarios: o alumnado do centro. Protagonista: calquera membro da comunidade educativa e o libro por el ou ela escollido. 

Na imaxe vemos a primeira convocatoria desta actividade na que Antón Díaz, profesor de Tecnoloxía no centro falará sobre un libro de Oliver Sacks: El tío Tungsteno.

9/2/15

Hora de escoitar outra versión dos feitos

É hora de escoitar as razóns dos "malos" dos contos. Axúdannos as nenas e os nenos de 6º de primaria do CEIP Milladoiro, de Malpica, que estiveron estudando "o punto de vista" como técnica narrativa, poñéndose no lugar do outro, argumentando... Ademais, segundo afirma a súa profesora, traballando competencia dixital (descarga de arquivos, uso de lugares de aloxamento na nube, publlicación de arquivos de son, confección de listas de distribución...) 

Nesta entrada do blogue  de 3º ciclo, aloxado no blogue da biblioteca  podemos acceder a outros exemplos nas voces dos seus creadores, todos eles sorprendentes.